Celtaprix recibirá o luns ós bombeiros do Porriño en folga de fame

    acampadabombeiros copia.jpg PONTEVEDRA> Os traballadores tiveron que ser trasladados onte a Montecelo ó comezar a resentirse a súa saúde.

    {flowplayer}images/salnes/ACAMPADA_BOMBEIROS.flv{/flowplayer}

    Acampados fronte ó edificio da Deputación de Pontevedra e sen probar alimento desde o venres. Os dous bombeiros do parque do Porriño despedidos pola empresa Celtaprix continúan coa folga de fame para reivindicar a súa readmisión. Están respaldados por unha media de 25 compañeiros dos parques de Vilagarcía e Ribadumia que se van turnando para acompañalos na súa protesta. Polo de agora conseguiron que a empresa accedese a recibilos o luns nunha xuntanza que se celebrará en Sada, na sé central de Celtaprix.

    Menos caso, din, reciben da Deputación. Desde o organismo provincial argumentan que o problema laboral dos bombeiros só compete á empresa concesionaria do servizo, e que eles pouco poden facer. Os bombeiros non opinan o mesmo.

    Redacción Salnés