Clausura do curso alta dirección de Caixanova

27 directores e xerentes de diferentes empresas galegas recibiron o diploma do primeiro programa de Alta Dirección celebrado pola Escola de Negocios Caixanova en Vigo. Os máximos expertos de España en formación de executivos foron os profesores encargados de renovar e afianzar as dotes doa máximos dirixentes económicos galegos. 27 directores e xerentes de diferentes empresas galegas recibiron o diploma do primeiro programa de Alta Dirección celebrado pola Escola de Negocios Caixanova en Vigo. Os máximos expertos de España en formación de executivos foron os profesores encargados de renovar e afianzar as dotes doa máximos dirixentes económicos galegos. O obxectivo dos programas de alta dirección impartidos pola Escola de Negocios Caixanova é profundizar nos retos estratéxicos e operativos das empresas para aumentar a sua rentabilidade e competitividade. Durante 120 horas lectivas 27 directores e xerentes galegos puderon reflexionar sobre as debilidades e fortalezas máis importantes do entorno económicoa actual asi como estudiar dende varios puntos de vista as suas propias organizacións. O curso desenvolveuse no Pazo de San Roque de Vigo e tamén alí recibiron os aventaxados alumnos os diplomas acreditativos. Pero antes de dar por rematada a xornada un dos mellores expertos en formación de alta dirección Javier fernández Aguado, deu uns ultimos consellos: é necesario recuperar o entusiasmo nas empresas, escoitar o equipo human e seguir profundizando nas persoas que compoñen as diferentes organizacións. Entre os alumnos do curso pudemos atopar unha estudiante aventaxada. Carmen Vianchi, ex delegada provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, acudiu o curso para tratar de renovar materias relacionadas coas empresas asi como intercambiar experiencias novas.