A Pousada de Ribadumia podería estar en funcionamento neste 2018

RIBADUMIA> A posta en marcha da Pousada de Ribadumia parece que será unha realidade máis pronto que tarde. A Deputación de Pontevedra investirá uns 500.000 euros para a finalización das obras pendentes, tal e como manifestou o deputado David Regades, en Ribadumia, onde se reuniu con representantes do goberno tripartito da vila.
A Pousada de Ribadumia podería estar operativa neste 2018. Así o manifestou o alcalde, David Castro, despois de reunirse co deputado provincial, David Regades.
Das catro pousadas existentes, a de Ribadumia é a única que aínda non estivo aberta ao público nunca. A Deputación de Pontevedra investirá este ano medio millón de euros, para rematar as obras da instalación que aínda están pendentes.
Outro tema que se abordou na reunión entre o deputado provincial, David Regades, e o alcalde de Ribadumia, David Castro, foi a intención por parte do goberno local de xestionar directamente a recadación de impostos. Segundo a previsión dos técnicos municipais Ribadumia aforraría 70.000 euros anuais rescindindo o contrato co ORAL.