Ladesol mobiliza a preto dun milleiro de persoas para correr por Angola

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/01/andaina_solidaria_ladesol.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/01/andaina_solidaria_ladesol.mp4{/flowplayer}

     

    VILAGARCÍA> Vilagarcía volcouse para axudar a Angola. Preto dun milleiro de persoas de todas as idades reuníronse onte na vila para participar na carreira solidaria organizada pola ONG Ladesol e o Colexio San Francisco. Os fondos recadados destinaranse a financiar proxectos para axudar a infancia do país africano.

    Preto dun milleiro de arousáns animáronse onte a correr por Angola. 

    A primeira carreira solidaria organizada por Ladesol e o Colexio San Francisco foi todo un éxito. Persoas de todas as idades ocuparon as rúas de Vilagarcía para participar nesta iniciativa, que nace para recadar fondos que financien proxectos para axudar os nenos angoleños.

    A proba estivo pensada para que puidera participar todo o mundo. De feito, puideron escoller entre unha andaina de algo máis de catro kilómetros ata Carril ou varias carreiras en función da categoría. Independentemente da modalidade, todos tiñan claro o obxectivo da competición.

    Moitos veciños anónimos asistiron a esta cita, pero tamén caras coñecidas, xa fora participando nas probas ou na cerimonia de entrega de premios.

    A carreira “Corro polo teu soño” naceu este ano para quedarse. Dende a organización xa están pensando na edición do 2016, na que agardan mellorar os posibles fallos pero, aínda máis, a cifra de participación.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí