A toxina volve pechar os bancos marisqueiros de Muros

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/12/peche_toxina_muros_noia_1208151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/12/peche_toxina_muros_noia_120815.mp4{/flowplayer} MUROS> Novo mazazo para os mariscadores da ría de Muros. Tan só unha semana despois da reapertura, a toxina volveu facer acto de presenza nas súas concesións obrigando novamente a parar a actividade. As últimas mostraxes indican un descenso nos niveles de toxicidade polo que confían en poder volver ó traballo a finais de semana. Preto de cento cincuenta mariscadores a pé da confraría de Muros permanecen parados ante a reaparición da toxina que volveu afectar ós bancos da zona. O peche chega tan só unha semana despois da reapertura das concesións que levaban semanas pechadas cos consecuentes prexuízos económicos para os produtores. A pesar da decepción inicial, os membros do pósito confían en que a finais desta semana ou principios da próxima se autorice de novo a extracción posto que as últimas analíticas arroxaron un resultado negativo. O peche intermitente que afrontan os mariscadores non é o único condicionante para os produtores da zona que viven un ano especialmente negativo en relación á toxina. Como exemplo o sector bateeiro, cos polígonos bateeiros pechados dende hai meses.