L. A. Heat

Dende outubro TVSB CANAL RÍAS BAIXAS, emite a teleserie americana con máis acción dos últimos tempos.

Acción e efectos especiais chegan ás súas pantallas os sábados ás 18.30 hs con L. A. Heat. Unhas serie na que dous policías moi peculiares se enfrontan ós delincuentes máis perigosos nas rúas de Los Ángeles e que non ten nada que envexar a outras tamén coñecidas como Corrupción en Miami, Starksy & Hutch ou Arma Letal .

L. A. Heat é unha serie desenfrenada ó máis puro estilo holliwoodiense. Dous policías, moitos criminais soltos e unha grande cantidade de efectos especiais manterano pegado ó seu televisor.

Así é "L. A. Heat":

Los Ángeles Heat é unha serie que arrasou en centos de fogares do outro lado do Atlántico. Ten como protagonistas a dous detectives do departamento de policía de Los Ángeles tan diferentes coma o día maila noite, pero á vez moi ben compenetrados.


August Brooks
 é un veterano detective que leva dezaseis anos traballando no departamento de august_l_a_heat.JPGpolicía de Los Ángeles. Na súa xuventude dedicábase ó boxeo, onde chegou gañar os Guantes de Oro nun campionato. En definitiva un competidor no máis amplo da palabra que sempre poñía a todos os rivais ós seus pés… Pero tras descubrir ó seu manager desfalcando fondos, August desilusionado co mundo da loita decide dar un xiro á súa vida e ingresa na academia de policía, en realidade a súa verdadeira vocación. Unha profesión na que logrou recoñecido prestixio no departamento de policía de Los Ángeles. Ademáis, agora Brooks, asumiu o control dun ximnasio de boxeo, que convertiu en centro de axuda para os nenos das clases marxinais, amosándolles unha alternativa ás bandas da rúa. 


chase_l_a_heat.JPGO detective Chester é a antítese de August e non só pola cor da pel. McDonald leva traballando no departamento de policía sete anos. Gústalle vivir la vida sen importarlle os riscos que corra e é un apaixoado do seu traballo. Aínda que el intenta demostrar que é autosuficiente precisa, a miúdo, a dirección de alguén con experiencia, papel que desenvolve á perfección August.

Unha serie cunhas impresionantes paisaxes das praias máis cálidas, das rúas máis perigosas da cidade de Los Ángeles. Os traficantes, asasinos, gánsters e bandas das rúas están por todas as partes e dous axentes para combatelos. Brooks e Chase… unha parella un tanto atípica pero moi ben definida. Dirixidos iso sí, polo Capitán Jensen, un home de oficina con moitos anos ás súas costas e sempre estresado polos peculiares métodos usados polos dous mellores axentes.
                

Pero non todo é acción en L.A. Heat tamén hai momentos para o cotián e maila paixón. August está casado con Kendra, polo que tamén terá que enfrontarse ós problemas que o matrimonio supón e máis nunha profesión tan axitada.  Pola súa parte McDonald  mantén un tira e afrouxa máis paixoal coa súa moza Jodi.

En definitiva, unha serie apaixoante, chea de efectos especiais, con explosións xigantescas e carreiras vertixinosas, creados nunha incríble atmosfera como só podía ofrecer unha cidade coma a de Los Ángeles.

 

jodi_l_a_heat.JPGkendra_l_a_heat.JPG