Cleiton Santos, máximo expoñente do Jiu Jitsu en Arousa e parte do estranxeiro

VILAGARCÍA> Brasilian Jiu Jitsu é unha arte marcial de orixe xaponés pero de desenrolo brasileiro, que se está popularizando nos últimos anos. En Vilagarcía teñen a todo un campión de esta modalidade, tanto en torneos nacionais coma internacionais. Cleiton Santos recibiu este luns de mans do edil de Deportes do concello unha mención especial do consistorio recoñecendo a súa valía nesta variedade de arte marcial.

Compromiso, paixón, constancia, son algunhas das calidades de este brasileiro afincado en Vilagarcía. Cleiton Santos é sub campión de Europa na modalidade de Jiu Jitsu, unha práctica xaponesa con modificacións brasileiras.

Non estamos a falarlles dunha práctica moi popular, aínda que hai que recoñecer que é unha das modalidades que máis adeptos está acadando nos últimos anos. Santos traballa con mulleres, homes e nenos de todas as idades no ximnasio no que traballa dende hai uns meses traballa .

Dende o concello de Vilagarcía non dubidaron en recoñecer a labor de este vilagarcián de adopción, como moitos outros que trae a vila un espectacular palmarés neste deporte.

Cleiton non o dúbida o deporte e o Jiu Jitsu non son só un divertimento, senón que son o seu modo de vida, que dende hai uns meses intenta inculcar con paixón a maiores e pequenos dende cada unha das súas clases.
Este ano ten previsto participar na máxima competición mundial que terá lugar en California, así que estaremos moi atentos para ver si este “mestre” de Jiu Jitsu trae a Vilagarcía o tan prezado título mundial.