
Os sábados e os domingos ás 16.00 hs TBSV CANAL RÍAS BAIXAS emite a serie de Estudios Picasso e Globomedia protagonizada por Emilio Aragón Javier ya no vive solo.
Javier (Emilio Aragón) ten complexo de adolescente, é un solteiro corentón que non perde unha festa, que unha vez estivo comprometido e que decidiu non implicarse con nada nin con ninguén. Pero ten o seu lado terno xa que é profesor nunha gardería e ten moi boa man cos nenos.
Javier ya no vive solo, serie que supuxo a volta de Emilio Aragón tralo seu éxito con Médico de familia, é unha comedia sobre a amizade, cun carácter innovador, vangardista e contemporáneo.
A Javier meteránselle no seu piso de solteiro as súas dúas sobriñas adolescentes e un dos seus mellores amigos ó que a noiva lle deu el pasaporte xusto antes de casar. Ademais están os seus compañeiros da gardería e unha guapa veciña, papel interpretado por Nuria Roca.











