
TVSB CANAL RÍAS BAIXAS emite dende comezos de ano a serie estadounidense Ally McBeal protagonizada pola actriz Calista Flockhart.
Ally McBeal conta as aventuras desta nova e solteira avogada en busca de amor e plenitude na vida. Traballa para un bufete de avogados en Boston co seu ex-mozo maila súa muller, un xefe namorado do diñeiro e unha noxenta recepcionista. Ademais destes excéntricos colegas debe lidar cos seus propios sentimentos e a súa incriblemente desbordada imaxinación.
Dende 1997, a serie Ally McBeal colleitou diversos premios, entre eles innumerables EMMY e GOLDEN GLOBES. Entre outros gañou os de Mellor Serie na categoría de Comedia; Mellor Actriz, Calista Flockhart; Mellor Casting, Mellor Actor de Reparto e Mellor Actriz de Reparto para Lucy Liu.