CAMBADOS> José Ramón Abal presentou o Plan de Limpeza do 2018 para Cambados. Un coidado dispositivo que permitirá que a vila do Albariño, luza si cabe, un pouco máis bonita.
Augusto é un dos operarios do Servizo de Obras do concello de Cambados. Na actualidade está a traballar en diferentes zonas da vila, para deixar todo listo e introducirse de cheo nos preparativos da Festa do Albariño.
Un dos obxectivos marcados polo concello de Cambados era mellorar o servizo de limpeza do municipio. Pois ben, parece que van camiño de conseguilo, ou iso mesmo foi o que o edil de Servizos e Obras, da localidade afirmou nunha comparecencia ante os medios.
Esta mellora asentase en tres aspectos, os técnicos, os recursos humanos e a organización do traballo. No apartado técnico, tal e como afirmou Abal, no último ano houbo importantes incorporacións de maquinaria.
O edil sinalou tamén que existe un incremento da partida de limpeza, que o ano pasado era de 55.000 euros, aumentando ata os 70.000 neste exercicio.
Inicio crb