PP, TeGa e IP tomban o goberno de Pontecesures

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/27/mocion_censura_pontecesures.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/27/mocion_censura_pontecesures.mp4{/flowplayer}

     

    PONTECESURES> O BNG perde a alcaldía de Pontecesures. Esta mañá, Partido Popular, Terra Galega e Independentes formalizaban a moción de censura que tomba o goberno que compartían nacionalistas e socialistas, deixando ao popular Juan Vidal como rexedor da vila. O movemento prodúcese tres meses despois de que os concelleiros de Terra Galega abandonaran o executivo local, rompendo o pacto de goberno e deixando ao equipo de Cecilia Tarela en minoría.

    Tres meses despois da saída dos concelleiros de TeGa do goberno de Pontecesures, hoxe formalizouse a moción de censura. Co seu acordo, Partido Popular, independentes e Terra Galega conseguen tombar o goberno de BNG e PSOE encabezado pola nacionalista Cecilia Tarela.

    Co documento entregado esta mañá, o popular Juan Vidal faise coa alcaldía, e aínda está a valorar se precisa unha dedicación exclusiva para compaxinar a súa vida profesional coa de rexedor. A independente Maribel Castro non terá dedicación exclusiva. Si Ángel Souto, que se adicará ao concello a tempo completo.  En canto ao reparto de áreas, segundo explicou Vidal foi un dos nós da negociación.

    O futuro goberno cesureño contará con seis concelleiros. Un dos concelleiros de TeGa, Jorge Janeiro, decidiu non apoiar a moción de censura.

    A moción terá que ser debatida en pleno e, segundo o previsto, o novo goberno tripartito dirixirá Pontecesures a partires do vindeiro día 9.