Querido Maestro

Imanol Arias e Emma Suárez protagonizan esta serie que TVSB CANAL RIAS BAIXAS emite polo verán.

En Querido Maestro Imanol Arias encarna a Mario, un mestre en paro que volta á casa para traballar na escola da súa vila natal. Pronto volta a lembrar as súas vivencias no lugar e se vai dando conta da pegada que foi deixando o paso do tempo. Entra en escena o primeiro amor de Mario, que agora é directora da escola e ten unha filla dun matrimonio anterior, Elena (Emma Suárez). Sen embargo, xa non é a mesma de antes.

O comezo dunha nova vida para Mario e a aparición de antigas relacións forman o marco perfecto para situacións nas que a emoción está a flor de pel. Querido maestro está baseada na serie italiana do mesmo nome, que se emitiu nos 90 en Italia e obtivo grandes éxitos de audiencia. Conta con un reparto de luxo: Imanol Arias, Emma Suárez, Jesús Bonilla, Ana Duato e Leonor Watling.