POIO> Funeraria San Marcos renova por completo o tanatorio de Poio. A empresa reforma todo o interior do inmoble convertendo as instalacións en pioneiras dentro do sector. Dende San Marcos queren con estes cambios mellorar todo o posible a comodidade dos familiares nos seus momentos máis difíciles.
A funeraria San Marcos non deixa de innovar cada ano para mellorar todo o posible as súas instalacións. Desta volta, foi o tanatorio de Poio o que recibiu unha remodelación completa do seu interior. A empresa mellorou as instalacións para convertelas en pioneiras dentro do sector.
No acto de presentación das melloras participou o cociñeiro Pepe Solla. O chef destacou a importancia para os familiares de pasar os momentos más difíciles nunhas instalacións o máis cómodas posibles.
Dende o concello quixeron destacar a labor que fai a funeraria por acompañar ás familias nos momentos máis duros. Tamén puxeron en valor que a empresa non deixe de innovar e dote a Poio dunhas instalacións de primeiro nivel.
A funeraria agradeceu o apoio recibido, especialmente por parte dos veciños de Poio. Tamén se comprometeron a estar alerta con todas as novidades do sector para non deixar de mellorar as instalacións e continuar sendo unha referencia nacional.