O Concello de Vilagarcía asinou esta mañá dous convenios de colaboración con Cruz Vermella. Trátase en primeiro lugar de dotar a entidade de sete mil euros para o albergue dos transeúntes e destinar outros seis mil para axudar ós afectados do Tsunami.
Cruz Vermella agradece a colaboración do concello vilagarcián para continuar coa súa labor nos lugares afectados polo Tsunami. A labor da entidade nestas zonas continuará ata o ano 2010. Actualmente están traballando coas persoas máis necesitadas que viven na sua maioría nas rúas ó quedar sen vivendas tralo desastre.
Redacción Salnés