CAMBADOS> O hotel Os Pazos de Cambados presenta o Belén máis peculiar da nosa contorna. Na súa recreación do nacemento de Xesús poden observarse figuras tradicionais xunto con outras doutra época como os dinosauros ou do cine como King Kong. Tampouco faltan os recoñecementos as asociacións do propio concello de Cambados.
De tódolos Beléns que se organizan pola nosa contorna, hai un que destaca pola súa gran peculiaridade. Dende as fiestras do hotel Os Pazos pode observarse unha recreación do nacemento de Xesús onde toda figura é ben recibida. Neste Belén mestúranse as pezas tradicionais con outras como dinosauros ou o mesmo King Kong.
Dende o hotel levan 25 anos organizando este Belén que non deixa de crecer cada ano. Moitas das figuras son doadas polos veciños e outras nacen da creatividade dos seus organizadores. Entre o decorado non faltan tampouco os lugares tradicionais e as asociacións de Cambados.
Os medios de comunicación tampouco faltan neste Belén, quizais para o ano o propio Canal Rías Baixas tamén formemos parte del.
O Belén está dispoñible para todos os públicos no hotel Os Pazos. A maneira de visitalo tamén é peculiar, porque obsérvase a través das fiestras do propio establecemento. O Belén estará colocado ata despois do día de reis.