Un veciño de Catoira falece na Illa cando practicaba kitesurf

A ILLA> Triste comezo de semana na Illa de Arousa. A iso das 11:30 da mañá, un home de 40 anos falecía na praia da Canteira, onde estaba a practicar kitesurf. Unha manobra desafortunada parece a causa de este falecemento. Os servizos de emerxencia desprazados ata o lugar nada puideron facer por salvar a vida de este coñecido veciño de Catoira.
O luns comezou de maneira accidentada en O Salnés. Un coñecido veciño do municipio de Catoira perdía a vida na praia da Canteira, na Illa de Arousa. O varón duns 40 anos achegouse ata esta localización para realizar kitesurf cun grupo de compañeiros, segundo afirman fontes consultadas unha mala caída, foi o motivo de tan tráxico desenlace.
Carlos Castaño era concelleiro de Sanidade en Catoira. Os compañeiros que o acompañaban foron os primeiros en dar a voz de alarma ao darse conta de que algo non ía ben, conseguindo sacalo da auga e chamando ao 112.
O servizo de emerxencias mobilizou a unha ambulancia medicalizada, aos bombeiros e á Policía Local da Illa. Durante 40 minutos, os médicos trasladados ao lugar trataron de reanimalo sen éxito, mentres un helicóptero do 061 agardaba a escasos metros para un urxente traslado. Finalmente acabaron certificando o falecemento do home.