Preséntase en Sanxenxo o Brasil 1

Sanxenxo acolleu hoxe a presentación en España do equipo Brasil 1. O director do proxecto Alan Adler, foi o encargado de presentar a varios membros do equipo, entre eles ó galego Chuny Bermúdez. Ademais aproveitando o entrenamento de hoxe TVSB CANALRIASBAIXAS saíu con eles ó mar.

Cada día imos coñecendo máis dos equipos que participarán na Volvo Ocean Race. Hoxe presentouse o Brasil 1, que conta entre a súa tripulación cun galego, Roberto Bermúdez coñecido como "Chuny". O xoven, subcampión da última edición da Volvo, está moi satisfeito co equipo ó igual que o patrón, Torben Grael. 

Grael é o maior atleta olímpico da historia de Brasil. Ten cinco medallas no seu haber, dúas delas de ouro e esta competición será moi especial xa que é a primeira para Brasil, un país no que decir deporte é dicir fútbol. De aí a complicación que supuxo atopar fondos. Sen embargo o goberno volcouse e o equipo decidiu que todo o proceso de construcción do barco se fixese no país para que o pobo se sentise identificado.

Tamén estivo na presentación Adrienne Cahalan, a única muller que vai participar na proba. O equipo conta con tripulantes de varias nacionalidades: Brasil, Australia, España, Irlanda, Noruega e Nova Zelanda. Estes días apuran en Sanxenxo os últimos entrenamentos antes da saída do Volvo. Despois serán 8 meses con etapas de ata 25 días sen tocar terra. Unha dura proba que o Brasil 1 espera superar con éxito.

Redacción Salnés