O Concurso Gastronómico do Centolo aumenta a orixinalidade dos cociñeiros

    O GROVE >¿Probaron algunha vez suflé de centolo?, ¿ E pementos con recheo de centolo? Hoxe o xurado do Concurso Gastronómico do Centolo visitou os establecementos que optan a tan prestixioso premio. O concurso  buscaba incentivar a creatividade dos cociñeiros mecos utilizando como protagonista este exquisito crustáceo. Xulguen vostedes mesmos.

    Durante as xornadas de exaltación do Centolo son moitas as actividades que se desenvolven en O Grove para darlle protagonismo  o prezado marisco. E para iso, que mellor idea que organizar un concurso de Cociña. Todos os establecementos colaboradores estaban invitados a participar, só catro se atreveron co desafío.

    A proba era difícil xa que o intenso sabor do centolo ensombrece os demais ingredientes. O xurado formado polo dirixente meco, a directora da escola obradoiro , o cociñeiro Jacobo Otero e o fotógrafo José Benavides puntuaba catro aspectos: a orixinalidade da receita, a técnica de elaboración, a presentación e o sabor.

    A primeira parada foi o “mirador ría de Arousa” onde se puido degustar uns exquisitos pementos con recheo de centolo.

    O segundo prato consistiu nun suflé de centolo cunha excelente presentación. Estaba feito polo xefe de cociña do restaurante beiramar. Debido a súa profesionalidade  xogou coa verdura, a lura ,  o millo e por suposto o Centolo.
    .

    O seguinte establecemento foi os Hornos na illa da Toxa e por último o Rúamar. O gañador coñecerase a vindeira semana aínda que o xurado ten unha dura misión. Sorte a todos os participantes.

    Redacción Salnés