CAMBADOS> A campaña da volandeira arrancou en Cambados con boas expectativas. Todas as embarcacións están facendo tope sen gran dificultade. En comparación co ano pasado, estase a descargar un volume semellante, arredor dos 6.000 quilos. Iso si, pero con menos unidades de maior tamaño. O patrón maior fala dunha campaña esperanzadora. Este xoves visitou a lonxa cambadesa a conselleira do Mar.
A apertura da campaña da volandeira deixa polo de agora en Cambados bo sabor de boca. No porto de Tragove hai boas expectativas ante un inicio da campaña que consideran ‘esperanzador’. Na primeira das xornadas aquí descargáronse case 6000 quilos de produto.
Na confraría cren que será difícil acadar os datos espectaculares do ano pasado. Polo de agora a cousa, polo que nos din pinta ben, lamentando unicamente que está a costar un pouco mais do habitual das coas unidades de maior tamaño. Porén, polo de agora ningunha das 48 embarcacións que andan á volandeira tiveron dificultade para facer tope. Os prezos, aceptables.
Este xoves achegouse ata a rula cambadesa a conselleira do mar.
A campaña da volandeira prolongarase ata o 31 de marzo. A semana que vén comezará a do centolo.
Entre tanto, a campaña da vieira abrirase a mediados de decembro, xa ás portas da campaña do Nadal.











