Multitudinaria despedida ó concelleiro de Valga morto en accidente

    VALGA > Centos de persoas déronlle o último adeus a José Ramón Santos Fernández, o concelleiro de Valga falecido en accidente de tráfico. A igrexa de Setecoros quedou moi pequena para acoller a tódolos que esta tarde quixeron acompañar á familia neste difícil momento.

    A pesares do mal tempo, foron moitos os que quixeron darlle o último adeus a José Ramón Santos Fernández, o concelleiro de xuventude e turismo de Valga que faleceu o xoves nunentierro_1.jpg accidente de circulación. O suceso tivo lugar na N-550, á altura de Porráns, en Barro, cando o BMW 320 que conducía chocou frontalmente contra un Ford Focus. Aínda que non se coñecen as causas do suceso pénsase que puido ser ter algo que ver a estrada mollada, a velocidade e quizais unha ráfaga de vento que botase o seu coche ó outro carril. Curiosamente José Ramón Santos era un experto conductor e participaba en diversas probas automovilísticas.

    A súa vida profesional estaba vinculada ó concesionario Renault que tiña o seu pai en Caldas de Reis. Tanto el como a súa familia eran moi coñecidos e queridos en toda a zona, polo que a nova provocou unha gran consternación.

    entierro_2.jpgForon moitos os que quixeron estar no seu último adeus que tivo lugar ás cinco da tarde na igrexa parroquial de San Salvador de Setecoros, no seu concello natal de Valga. Non faltaron os compañeiros da corporación, amigos e veciños que ateigaron a igrexa e os arredores para acompañar á familia neste duro trance.

     

    Redacción Salnés