A Fundación Galega contra o Narcotráfico presenta a súa gala anual

    VILAGARCÍA> A Fundación galega Contra o Narcotráfico presentou esta mañá na súa sede de Vilagarcía a edición décimo quinta da súa gala anual. No acto, que se celebrará o próximo venres, entregarán as habituais Nécoras de Ouro, que premian cada ano a persoas e institucións que loitan contra esta eiva. Dicía Eduardo Galeano que moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas…pode cambiar o mundo. Foi a frase que colleu prestada esta mañá o presidente da Fundación Galega contra o narcotráfico, para definir o espírito desta entidade e da súa gala anual. A décimo quinta edición deste evento foi presentada hoxe na sede de Vilagarcía da Fundación. Este ano a amenización musical da gala virá da man do grupo local Los Ibéricos, que naceu nos anos 60 pero agora, de xubilados, volven ós escenarios. Toda unha festa , que terá como momento álxido a entrega das tradicionais Nécoras de Ouro. E este ano, en homenaxe ó anterior presidente falecido recentemente, entregaráse por primeira vez o premio Siso Bartomé, que simbolizará valores como os que el tiña, solidariedade, consenso e entendemento. Para coñecer os seus nomes teremos que agardar uns día máis, pero a esencia da gala é segundo a Fundación agradecer o traballo de toda a sociedade nesta loita. A Gala Anual da Fundación Galega contra o narcotráfico celébrase o próximo venres 31 de marzo, no Auditorio de Vilagarcía, a partir das oito e media da tarde. As entradas, que son gratuitas ,poden recollerse nos locais vilagarciáns Costureiro Complemento e Musical Duende. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/presentacion_gala_contra_narcotrafico_24032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/presentacion_gala_contra_narcotrafico_24032017.mxf.mp4{/flowplayer}