SANXENXO> Un total de 19 concellos costeiros xestionarán no vindeiro ano os servizos de tempada do seu litoral. Municipios como Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía, Marín ou O Porto do Son asumirán a xestión da instalación de terrazas, establecementos expendedores de comidas e bebidas ou o alugueiro de equipamentos de praia. Unha medida que é posible por segundo ano, logo que a Xunta asumise a xestión plena da costa galega.
Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía, Marín ou O Porto do Son os municipios da nosa contorna que no 2027 xestionarán os servizos de tempada do seu litoral. No conxunto de Galicia, son 19 os concellos que trasladaron esta petición á Xunta. Unha medida que é posible por segundo ano logo de que a Xunta asumise as competencias sobre a costa.
No caso dos 19 concellos que o solicitaron, as peticións para a instalación de terrazas, establecementos expendedores de comidas e bebidas, chiringuitos ou o alugueiro de equipamentos de praia farase directamente na administración local.
No 2026 fixéronse case 1000 autorización en toda a costa galega para a instalación de servizos de tempada no dominio público marítimo-terrestre. Delas 77 foron aquí en Sanxenxo. O alcalde aproveitou a visita do novo conselleiro, que substitúe a Ánxeles Vázquez, para pedirlle o apoio da Xunta para as sendas que se están a facer no municipio.
Unhas sendas apunta, Telmo Martín, cun custo non moi elevado pero que impacta de xeito moi positivo na calidade de vida da veciñanza e visitantes.











