As traballadoras de MARSAC no Grove anuncian mobilizacións e vixilancia continua

    O GROVE > Triste foi o último día de traballo para as empregadas de Mariscos San Cayetano, MARSAC, no Grove. A partir de aquí o medo  a perder o traballo está latente en cada unha delas. A empresa xa anunciou que desmantelaría as instalacións mecas para trasladar a súa producción a Ribadumia e Vigo. Deste xeito as traballadoras anuncian mobilizacións e vixilancia continua para que non se produza

    O desmantelamento de MARSAC e o traslado da súa producción de Mexillón e lura a Ribadumia e Vigo parece xa unha realidade. Os traballadores de O Grove levan loitando meses para que a dirección conserve a depuradora en terras mecas para conservar ó emprego. Xa comezaron as vacacións e temen que sexa durante este período cando a empresa faga o seu traslado. Deste xeito tomarán medidas para que non suceda.

     

    A partir do luns todos os traballadores se concentrarán na praza do Concello meco a partir das doce da mañá para manter a presión contra o traslado. A vindeira semana tamén comezaran unha estreita vixilancia as instalacións. Varias traballadoras custodiarán os portais de acceso para tratar de detectar calquer movemento  sospeitoso na depuradora. No caso que fora preciso impediran a saída de camións e calquer tipo de material.

    Redacción Salnés