Os avances na macro área caen coma unha xerra de auga fría no comercio

    reaccions_comerciantescopy.jpgSALNÉS> Esta semana está previsto que os presidentes das diferentes asociacións de comerciantes se reúnan para decidir as accións a tomar.

    {flowplayer}images/salnes/CCA_COMERCIO_DEIRO.flv{/flowplayer}

    Despois de coñecer que a Xunta deu luz verde ó centro comercial de San Miguel de Deiro, en Vilanova, ó emitir o último informe positivo para conseguila licenza comercial, hoxe quixemos coñecelas reaccións que se produciron no pequeno comercio. Para elo mantivemos un encontro coa Presidenta de Zona Aberta de Vilagarcía e o Presidente de Entretendas de Sanxenxo.

    Unha nova agardada pero que caeu coma unha xerra de auga fría no pequeno comercio do Salnés. Isto é o que mellor define o sentir da maioría das asociacións de comerciantes da comarca. 

    Pero este novo paso non vai impedir que os comerciantes da comarca, a través do Consorcio do Comercio do Salnés, sigan adiante coas súas medidas de protesta para evitar que o Centro Comercial se instale en Deiro. Entenden que non é a solución á situación de crise que atravesamos xa que vai a destruír máis postos de traballo dos que vai a xerar.

    En canto ó papel da Xunta, hai diversidade de opinións. Mentres para algúns a súa decisión foi unha desilusión, outros entenden que se o proxecto cumpría coa legalidade, non é xusto criticar ó goberno autonómico cando ó longo de todo o ano dirixen gran cantidade de axudas ó pequeno comercio.

    A finais de semana, desde o Consorcio teñen previsto anunciar as medidas que van a levar cabo contra este último informe.

    Redacción Salnés