SANXENXO> Complicado rescate en Sanxenxo. Os servizos de emerxencia lograron localizar e salvar un veciño de Dena, de arredor de setenta anos, que levaba varias horas desaparecido. O home atopábase nunha zona de difícil acceso, un humedal de Noalla, completamente ás escuras. O uso de drons con cámaras térmicas foi clave para dar con el. Tras ser rescatado con síntomas de hipotermia, foi consciente ao Hospital do Montecelo.
Dispositivo complicado o despragado este xoves á noite en Sanxenxo polos efectivos de emerxencia na procura dun veciño de Dena.
No dispositivo participou a Policía Local, Emerxencias de Sanxenxo, Bombeiros e a Garda Civil. O rescate foi complicado, primeiro porque perdera o teléfono. Despois pola zona complicada.
Por sorte deu contactando antes de perder o móbil. Pouco despois deron con el dous amigos seus que andaban á súa procura. A través da súa posición GPS foi como a continuación chegaron os efectivos. Coa axuda dun dron con cámara térmica foron quen de guialos para lograr saír.
E ao pouco deron accedido os efectivos de emerxencia. O GPS dos seus teléfonos, así como un dron con cámara térmica, foron fundamentais para dar resolto a operación.
O home, con síntomas de hipotermia, acabou sendo trasladado consciente ao Hospital do Montecelo.











