Truhanes

Dende o mes de decembro TVSB emite Truhanes, a versión televisiva da película que en 1984 truhanes.jpgdirixiu Miguel Fermoso con Francisco Rabal e Arturo Fernández como protagonistas, trío que tamén se volveu xuntar para este proxecto. Nela, un par de ex  presidiarios comparten casa e profesión, a da picaresca e o roubo, iso si, cada un cos seus métodos que son moi distintos e en ocasións igual de ineficaces. Así é ‘Truhanes’

Esta serie repasa a vida en común de dous amigos que, logo de se coñeceren no cárcere, viven na mesma casa. Domicilio que en realidade é o auténtico escondedoiro das súas falcatruadas e pequenos timos.

Gonzalo (Arturo Fernández), é un elegante e atractivo, á vez que sofisticado timador de luva branca, especializado nas técnicas de enganabobos. Pola súa banda o seu amigo e compañeiro de profesión Ginés (Francisco Rabal), é un xenuíno home de pobo, formado na rúa e na gramática parda, e cuxas habilidades maiores as practica roubando moedeiros. En definitiva, dous estilos moi distintos, pero igual de eficaces que poñerán arturofernandez.jpgós nosos protagonistas nas máis pintorescas situacións. Cada capítulo moverase nun contexto que virará en torno ás actividades delictivas destes dous pillabáns. Pero como o enxeñoso director desta serie, Miguel Fermoso, non quería que o seu produto deixara indiferente a ningún membro da familia, co fin de chegar á audiencia infantil, hai un terceiro pícaro en discordia. Un neno, amigo de Ginés, a quen este ensinará as súas trampas máis sofisticadas e a filosofía da vida.

En definitiva, unha serie moi enxeñosa, a partir dun clásico do cine español, chea de momentos entrañables e picardías, na que dous ladróns moi distintos entre si, comparten casa e amizade enfrontándose ó duro día a día desta vida tan complexa.