A comarca contén a respiración á espera do sorteo da Lotaría de Nadal

    Chega o agardado día. O Sorteo Extraordinario de Nadal repartirá mañá un total de 13.334 premios, cun incremento da contía do 50% respecto do anterior sorteo e sen variación no prezo de cada décimo, que seguen custando 20 euros. Dende as 8 da mañá, os nenos de San Ildefonso cantarán á sorte.  
    As administracións de lotaría da comarca apuraban a venta dos últimos décimos, que este ano traen novidades importantes para os petos que resulten afortunados.  

    Unha das novidades deste ano é que o “Gordo” se dota cun millón máis de euros, o que supón un premio de 300.000 euros por décimo. Tamén aumentan o importe dos premios segundo, terceiro e quinto e dóbrase o número de quintos premios, oito en vez de catro. Ademais, increméntase a emisión un 12’28%, o que permite destinar a premios máis de 2.000 millóns de euros e tamén hai máis números para xogar, en concreto ata o 84.999. Ademais das premonicións individuais, cada ano a actualidade informativa encárgase de designar o listado de número especiais. Este ano, o nacemento da Infanta Leonor esgotou en cuestións de horas os décimos correspondentes á data, o 31105 ou tamén o 02405, que conmemora a data de pasamento de Xoán Pablo II. Tamén hai quen se fixou no día dos atentados de Londres, no paso do furacán Katrina por Nova Orleáns ou o día no que Fernando Alonso se proclamaba campión do mundo de Fórmula 1.

    Con esa seguridade de atopar na comarca o primeiro premio da Lotaría, os décimos desaparecían 24 horas antes do sorteo en cuestión de minutos da administración. Os veciños apuraban os últimos soños da man dos boletos que quedaban.

     

    As últimas tecnoloxías propician nos últimos anos a venta de décimos a través de distintos medios, polo que é habitual que o premio estea moi repartido: Internet, o teléfono ou o correo, todo vale.

     

    Despois do sorteo de Nadal, os menos afortunados poremos os ollos no do Neno. Ambos sorteos supoñen o 60% da participación total anual en Lotaría en España. Os décimos para o 6 de Xaneiro están á venda dende hai mais dun mes.

    Redacción Salnés