Denuncian recortes de dereitos ós inmigrantes

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/14/campanaongcontacto1405141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/14/campanaongcontacto140514.mp4{/flowplayer}

BOIRO> Persoeiros de diferentes plataformas políticas, sociais e sanitarias mostraron a súa preocupación polo risco de exclusión sanitaria que ten este colectivo.

Unha vintena de persoas asistiron á presentación da campaña “SOS Dereitos das persoas migrantes en grave perigo”, levada a cabo na vila de Boiro. As distintas intervencións do encontro estiveron encamiñadas a defender os dereitos dos inmigrantes, actualmente minguados. A exclusión sanitaria e educativa son os temas que mais preocupan ós colectivos. Recalcaron que son dereitos universais que non deberían ser subtraídos dependendo do lugar de nacemento. Moitos estranxeiros afirmaron sentirse perseguidos e maltratados psicoloxicamente por insultos recibidos nas rúas. Por iso é fundamental o papel que desenvolven ONG como ConTacto, orientadas a asesorar ó inmigrante e a colaborar na súa integración ca sociedade. O ex alcalde de Boiro, Xosé Deira, estivo presente no acto e recordou que boirenses e galegos deberíamos ser mais respectuosos tendo en conta os nosos antecesores. Fan un chamamento para sumar esforzos e plantar cara ós continuos recortes de dereitos.