SANXENXO > A Asociación de Comerciantes de Sanxenxo, Entretendas, realizou xa o seu sorteo de Nadal. En total repartiu 8.000 euros en premios. O maior, o de 6.000, foi para Marta Padín de Cambados que realizou a súa compra en Elevenca. Pero tamén houbo outros 20 premios de cen euros cada un.
O Centro Comercial Urbano de Sanxenxo celebrou o sorteo da campaña de Nadal. Milleiros de boletos foron recollidos dos diferentes establecementos que participaron na iniciativa para saca-los gañadores da edición deste ano. En total repartíronse 8.000 euros divididos en 21 permios. O maior foi o de 6.000 euros que recaeu en Marta Padín, unha cambadesa que adquiriu o seu boleto no establecemento Elevenca de Vilalonga. A afortunada deberá gasta-lo premio nun día, o catro de xaneiro. Poderá facer unha compra de mil euros nun comercio e outra de 500 noutro. O resto deberá repartilo entre varios establecementos puidendo gastar un máximo de 300 euros en cada un. Os outros dous mil euros repartíronse entre 20 premios de cen euros cada un. Os gañadores foron Rafael Pombo, Marcos Bermúdez, Digna Moldes, Esther Martínez, Mar Constantino, Josefa Penas, Ana Mª Lima, Casa Otilio, Sandra Chapela, Mª Esther Casal, Joana Martínez, Mª Esther Bemosta, Nélida Leiro, Esperanza Castro, Aurea Abelleira, Magdalena Rey, Mª Jesús Aguín, Mª José Pérez Cacabelos, Guadalupe Canido E Raquel Lorenzo.
Redacción Salnés