Xornalistas dos Países Baixos interésanse pola DO Rías Baixas

    xornalistascopy.jpgSALNÉS> A misión inversa, realizada en plena vendima, consistiu na visita ás zonas de O Rosal, O Condado, para rematar no Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/MISION_VENDIMA_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    Invitados polo Consello Regulador da DO Rías Baixas, catro profesionais procedentes de Holanda e Bélxica visitaron esta semana as principais subzonas desta denominación, varias das súas adegas e os viñedos que nestes momentos están sendo sometidos á recolección da uva.

    Sendo o Benelux un dos principais importadores dos nosos caldos, a finalidade desta misión inversa non era outra que a de achegarlles a esencia e espírito da DO para que despois poidan transmitir no seu país de orixe os coñecementos adquiridos.

    E trala visita, segundo nos asegurou este consultor de viños, cumpríronse á perfección as súas expectativas. Entenderon que a variedade de viño branco albariña é unha das mellores do mundo, cunha gran capacidade de envellecemento.

    Esta misión, que consistiu na visita ás zonas do Rosal, o Condado para rematar no Salnés, é a primeira fase do proxecto. Agora entre outubro e novembro, Germán vai realizar dez catas con viños Rías Baixas, dirixidas ó público profesional, nas principais cidades de Flandes.

    O obxectivo: dar a coñecer se cabe aínda máis os viños Rías Baixas de maneira que pouco a pouco permita incrementar o seu consumo nos Países Baixos.

    Redacción Salnés