PONTEVEDRA > Os mariscadores da ría de Pontevedra puideron volver xa a extraer navalla, aínda que se mantén a prohibición sobre os bancos de ameixa. Os barcos autorizados puideron saír cara o sector da ría que vai dende o interior ata a illa de Tambo.
Aínda que se mantivo o peche dos bancos de ameixa na ría de Pontevedra ó seguir sendo moi alta a concentración de toxina, os barcos da navalla puideron saír traballar, ó abrirse a zona que vai da illa de Tambo cara o interior. Aínda así algúns patróns maiores queixáronse de que a medida só beneficia a uns poucos, posto que só 15 das 30 embarcacións que se dedican á extracción de navalla estaban preparadas para faenar.
Practicamente todo o marisco subastouse na lonxa de Bueu. Foron en total 300 quilos de navalla. Os prezos oscilaron entre os 19 e os 22 euros, unha cantidade que deixou satisfeitos ós mariscadores neste primeiro día de extracción.
Redacción Salnés