![]()
VILAGARCIA> Tomás Fole será deputado nacional no Congreso dos Deputados, a partires de este martes. Un nomeamento que lle chega ao voceiro popular de Vilagarcía despois de que Irene Garrido renunciase ó seu escano para incorporarse a Secretaría de Estado de Economía e que José Silvestre Balseiros optase polo Parlamento de Galicia, renunciando ao escano no Congreso dos Deputados.
Nervioso pero a vez contento, así se mostraba Tomás Fole este luns, a piques de converterse en deputado nacional no Congreso dos Deputados en Madrid. Unha situación que segundo Fole manifestou está a acontecer demasiado rápido e aínda non foi capaz de asimilalo.
Tras 13 anos traballando a prol da política local, afirma chegar curtido a esta nova etapa política. Sen embargo non renunciará a súa acta de concelleiro en Vilagarcía, nin a ser o voceiro do grupo municipal.
Na súa entrevista Fole confirmou que o Congreso Local de Vilagarcía celebrárase no primeiro trimestre do ano e afirmou que non se presentará a reelección.
Fole compaxinará a actividade política local coa nacional, e como el mesmo recoñeceu axudará para que todo transcorra con normalidade.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/fole_congreso_deputados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/fole_congreso_deputados.mp4{/flowplayer}








