Cámaras contra o furtivismo

    VILANOVA > Fartas do roubo de cría de ameixa nas praias de Vilanova a presidenta das mariscadoras Evangelina Lago reuniuse alcalde do municipio para falaren do problema do furtivismo. Gonzalo Durán accedeu á petición de que se instalen dúas cámaras de vídeo para teren probas que poidan presentar contra os infractores.

    As zonas de Esteiro e Ariño en Vilanova xa fai alomenos mes e medio que están sendo sometidas a un saqueo. As mariscadoras saben que un número de entre 6 ou 7 menores veciños de Vilanova e algún incluso de Portugal.

    O feito de que a maior parte deles sexan menores líbraos de que se tomen certas medidas na súa contra. Aínda así as perdas provocadas están sendo cuantiosas para as mariscadoras xa que o marisco roubado o venden sen consideración, aseguran, por parte non só de quen o rouba senón tamén de quen o compra.

    A solución ó problema pasa, de momento por instalar dúas cámaras nas zonas de Esteiro e Aguiño que o alcalde de Vilanova se comprometeu esta mañá a instalar na praia contra os furtivos.

    Redacción Salnés