Amicos pon en marcha un proxecto europeo medioambiental centrado no río Umia

CAMBADOS> Amicos pon en marcha un proxecto europeo medioambiental centrado no río Umia. A iniciativa inclúe limpezas e a instalación de barreiras que permitan reter plásticos. Os usuarios de Amicos terán un papel clave, como encargados de poñer en marcha e supervisar todo o proxecto. A acción vaise desenvolver no leito do río, ao seu paso polos concellos de Cambados, Meis e Caldas.

O proxecto chámase TRAP, das súas siglas en inglés de ‘Transformando os ríos para a redución da contaminación plástica acuática. Trátase dunha iniciativa europea que busca protexer os ríos dos plásticos. Amicos será a entidade encargada de despregala no río Umia, co apoio de actores asentados no territorio.

TRAP inclúe campañas de sensibilización, ademais de limpezas no propio leito ou a intalación de barreiras naturais que permitan captar os plásticos. Para o seu desenvolvemento os usuarios de Amicos terán un papel fundamental.

O proxecto vaise despregar polo río Umia, ao seu paso polos concellos de Caldas, Meis e Cambados.

Ademais do Umia vaise limpar un río en Francia e outro en Portugal. Estamos a falar dun proxecto europeo que conta con socios en España, Portugal, Francia e Irlanda. Está liderado polo Instituto Superior Técnico de Lisboa.

A primeira xornada deste proxecto en Cambados serviu identificar os puntos críticos do río para, a partir de aí, comezar a traballar sobre o terreo.