A oposición da Illa de Arousa impide a construcción de vivendas sociais

    alcaldeplenoilla_100_031106.jpgA ILLA > O pleno da Illa rexeitou, cos votos de toda a oposición, a modificación do PXOM que permitiría construír vivendas sociais.

    ‘Pelotazo’ foi a palabra que máis se oiu onte no pleno celebrado na Illa de Arousa. Debatiase a modificación do PXOM para desenvolver dúas áreas de reparto na zona de Con do Sol e construír vivendas sociais. Sen embargo toda a oposición coincidiu en que a operación estaba pensada para favorecer á promotora que mercou os terreos e supoñía unha burla para os veciños que tiveron que vendelos. Así xustificou o PP o seu voto en contra a pesares de que no seu día foran eles os que pediran vivenda social na Illa.

    Tanto os populares como o BNG e o independente Luis Navarro coincidiron en que esta modificación supón un agravio para os veciños da Illa, que venderon as súas fincas cunha calificación e agora que as ten unha empresa, ven como se lle cambia por outra máis favorable. Navarro pediu ademais unha explicación polo custe do estudo da modificación, que cifrou en 12.000 euros e que debería costealo a empresa promotora.

    O alcalde negou calquera convenio coa empresa, recordou que os veciños venderon porque quixeron e amosou a súa sorpresa polo voto en contra do BNG, xa que este convenio está redactado e regulado pola Consellería de Vivenda e Solo que é do BNG. O rexedor acusou a toda a oposición ‘de facer demagoxia con este tema’ e explicou que a entrada no convenio da área de reparto 60 obedece ‘ó requerimento da Louga, que promulgou o PP, e que esixe unhas determinadas características para viais e espazos públicos’. Tamén recordou que o PXOM foi aprobado por unanimidade, o que provocou a interveción do PP e o BNG que aseguraron que o aprobaron nunhas circustancias moi particulares e que se arrepinten de telo feito.

    Finalmente, PP, Independientes e BNG votaron en contra da modificacio´n e impediron a recalificación da parcela para construir vivendas sociais.

    Melloras

    Os puntos que sí foron aprobados por unanimidade foron os referentes ó arranxo do acceso ó instituto e a posta a disposición da Xunta dos terreos que rodean ó concello para o seu arranxo, un acordo que entraría no proxecto de recuperación do Muelle de Pau e do Museo da Conserva. Sen embargo, e pese á unanimidade, este punto, provocou un intenso debate entre o PP e o PSOE.

    ppplenoilla__200_031106.jpgOs populares pediron que se aproveitase para bachear outro vial da zona e o alcalde respondeu cun ataque directo ós incumprimentos da Deputación que lle serviu para entrar tamén no debate da moción do PP sobre os accesos ó instituto. Vázquez recordou que foi a Deputación de Pontevedra, de quen depende a estrada, quen incumpriu a súa promesa de mellorala ó ver que ía custar máis do que pensaba. Finalmente tódolos grupos apoiaron a moción popular na que se pide que se recorte a isleta situada á entrada do camiño que vai ó centro e se instalen beirarrúas nese camiño (a rúa Bouzas) por onde transitan moitos mozos tódolos días.

    Redacción Salnés