Vertidos incontrolados en San Vicente do Mar

    O GROVE > Turistas e veciños dunha urbanización en Pedras Negras en San Vicente do Mar sofren unha situación case terceiromundista por mor dos vertidos incontrolados que se realizan preto das praias. Dende fai dous anos sofren un problema ó que lonxe de se lle dar solución vai en aumento.

    Rodas, colchóns ou ferros son só algunhas das cousas que turistas e veciños se atopan a diario polas rúas das inmediacións do Paseo de Con Negro en San Vicente do Mar no Grove. Denuncian que dende fai xa dous anos se producen uns vertidos incontrolados e constantes dos que non se responsabiliza ninguén e que son fonte de insalubridade xa que son berce para innumerables animais.

    O lixo que se atopa é moito e contrasta que se atope nun dos lugares que resulta ser un dos principais reclamos turísticos do Salnés para os turistas. Uns turistas que, ó atoparse ante tal panorama se confesan sorprendidos.

    O caso é que as autoridades responsables nin fan nin deixan facer. As inmediacións lixosas, vertidos por varias zonas pero levan dous anos con este grave problema. Veciños e afectados confían en que pronto se tomen cartas no asunto.

    Redacción Salnés