Unhas declaracións de Javier Figuiera, orixe da crise

    AROUSA > A crise en Opmega ten unha orixe concreta: unhas declaracións do presidente, Javier Figueira, ratificando unha acusación do PP sobre o envío de mexillón con toxina a Italia. O sector considera que o dano causado por esta denuncia é incalculable e iso provocou onte unha nova petición de dimisión.

    Na asamblea celebrada na sede de Opmega apareceron dous novos candidatos a dirixi-la entidade. O presidente da agrupación da Pobra e o da Illa. Pero éste último, Ramón Dios García, puxo dúas condicións. Nomear el as dúas persoas da súa agrupación e que Javier Figueira presentara a súa dimisión.

    Esto provocou a entrada na reunión do actual presidente que ratificou as acusacións do PP sobre o envío de mexillón con toxina a Italia, e deixou claro que non tiña intención de dimitir. Esto provocou que o presidente da agrupación da Illa abandoase a sesión e decidise convocar unha asamblea onde determinar que facer. Pero as reaccións non quedaron aí, xa que o presidente do Consello Regulador, Ramón Dios, chegou a asegurar que podería abandoa-lo seu cargo.

    Dios asegura estar totalmente desilusionado co sector, que atravesa un dos seus peores momentos, e non ve como saír adiante. O presidente estará esta semana programa Pleno Aberto de Tele Salnés Barbanza para falar sobre todo o que está pasando arredor dun dos sectores clave da nosa ría.

    Redacción Salnés