O executivo boirés acometerá a reforma do polideportivo de Venecia

    POBRA > O concello da Pobra ten previsto levar a cabo unha serie de melloras no Pavillón Polideportivo de Venecia para dotar a estas instalacións dos servizos básicos para os seus usuarios. A actuación contempla a substitución do teitume do edificio así como a construción de novos vestiarios e a reforma dos existentes na actualidade.

    venecia_300_160506.jpgO alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, e o concelleiro de Deportes, Xosé Manuel Rodríguez, presentaron o proxecto de melloras previstas para o polideportivo de Venecia, en compaña do xerente da empresa Talleres Martelo, encargada do acondicionamento das instalacións.

    A intención do executivo é dotar ó pavillón de novos vestiarios situados na parte de atrás do edificio, dispostos en forma de L cos vestiarios xa existentes que tamén serán reformados.

    Procederase tamén á colocación de asentos na grada e á reparación das filtracións de auga existentes na cuberta do edificio. Para elo, a empresa Talleres Martelo realizará un estudo para garanti-la estanquedade do teito ques e dotará dunha estructura auxilar. Así mesmo, realizaranse diversas melloras para favorecer a accesibilidade das persoas con discapacidade a estas instalacións a través da realización dun estudo gráfico. 

    Precisamente, o grupo municipal do BNG presentou unha moción para debater na sesión plenaria en relación ó mantemento das instalacións deportivas municipais na que denuncia as deficiencias existentes no campo de fútbol da Alta e no Pavillón Polideportivo Venecia. O executivo pobrés lamenta a actitude dos nacionalistas que, ó seu parecer, ‘apúntase o tanto’ de proxectos impulsados polo goberno. Neste sentido, Isaac Maceiras referiuse á recente aprobación do proxecto do campo da Alta na comisión informativa da Deputación da Coruña e explicou que o proxecto de mellora do pavillón de Venecia está en xestións dende hai dous anos.

    Redacción Barbanza