As dúas mil empresas da FEB beneficiaranse dun convenio co Banco Sabadell

    BOIRO> As dúas mil empresas asociadas á Federación de Empresarios do Barbanza beneficiaranse do convenio asinado co Banco Sabadell. Ademais de acceder a créditos en condicións vantaxosas poderán ser titulares da conta expansión negocios con importantes beneficios e unha mínima vinculación. Por cuarto ano, a Federación de Empresarios do Barbanza renova a súa colaboración co Banco Sabadell que permitirá ós asociados beneficiarse de condicións preferentes no acceso a créditos. Ademais das vantaxes con respecto ós tipos de interese, a entidade financeira ofrece ós asociados á federación a conta expansión negocios, libre de comisións e con numerosos servizos gratuítos para os seus usuarios. Polo que respecta ás nove asociacións que integran a federación poden tamén acollerse ás vantaxes que ofrece este convenio que suporían a devoliación dun dez por cento da cota ós seus asociados.