VILAGARCÍA > O BNG de Vilagarcía recolle o guante lanzado polo alcalde, Javier Gago e todo parece indicar que apoiarán ó equipo de goberno o próximo xoves nas dúas decisións de urxencia que se tomarán. A máis importante para os intereses municipais, a operación de préstamo para levar adiante o proxecto Luz Salgada. O BNG di que “toca ter miras estratéxicas”.
O BNG é consciente de que a oferta de pacto terá un custo electoral pero din que prefiren antepoñer os intereses de Vilagarcia a outra conveniencia. Castro Ratón di que parece que están regalando, pero non é así.
Piden que dende a celebración do pleno do vindeiro xoves se propicie a mesa de reflexión para o diálogo, porque eles desexan que sexa un proxecto compartido. Os nacionalistas vilagarciáns celebran a actitude de Javier Gago, porque din facilita e reitera o compromiso por camiñar nunha única dirección e por atopar un acordo común que permita superar os intereses municipais en beneficio do progreso de Vilagarcía.
Quen non comparte este optimismo é o voceiro de Esquerda Unida de Vilagarcía. Juan Fajardo asegura que non existen pactos a medias e que o apoio dos nacionalistas non só é un apoio explícito ó proxecto do Psoe senón tamén un balón de osíxeno ó goberno Gago. Esquerda Unida non vai a apoiar o proxecto Luz Salgada por consideralo inútil para a cidadanía. Cren que só vai beneficiar ós promotores e que nin sequera servirá para crea-las vivendas sociais e outros servizos que tanto precisa Vilagarcía, como é o centro de día. Aseguran que o proxecto é unha excusa para poder cambia-la calificación urbanística das importantes bolsas de solo que aínda quedan nesta zona e que agora non son urbanizables e recorda que o proxecto de regular a zona do Con e da praza de abastos xa fora proposta pola primeira corporación da época de Primo de Rivera, o que demostra que o proxecto Gago está máis que caducado.
Redacción Salnés