Os pósitos arousáns avogan polo peche da campaña do libre marisqueo

    RIANXO> A campaña resultou mellor do agardado, pero aínda así, obsérvase unha sobreexplotación dalgunhas zonas, como é o caso do Bohído ou os Lombos. Os patróns maiores de Arousa están á espera dunha reunión coa consellería do Mar para facer balance da campaña. Desa xuntanza sairán as posibles accións a realizar de cara a mellorar as condicións produtivas dos bancos de libre marisqueo, especialmente o Bohído e os Lombos do Ulla. Por esta razón os pósitos coinciden ó sinalar que debería pecharse xa a campaña no libre marisqueo, e non agardar ata marzo. Iniciando xa o traballo de cara a recuperación dos bancos marisqueiros e a propia xestión do libre.