![]()
INGLATERRA > Unha tráxica nova aconteceu no mundo do deporte. Foi este xoves de madrugada na Volta ó mundo de vela. O ABN Two navegaba nun mar picado con ondas de cinco metros e 30 nós de vento. O tripulante Hans Horrevoets caeu pola borda a 1300 millas de Inglaterra.
O tripulante Hans Horrevoets caeu pola borda a 1300 millas de Inglaterra. Nese momento a tripulación deu volta, organizou o rescate e logrou subilo a bordo. Malia os esforzos dos compañeiros para reanimalo seguindo instruccións médicas, o tripulante non puido recuperar o coñecemento. Hans Horrevoets, un namorado do mar dende neno, casado e cun fillo, foi unha das últimas incorporaciones do ABN Amro II. A súa primeira participación na Volvo Ocean Race fora en 1997, como trimmer. Os barcos participantes están de loito no que está a ser a xornada máis tráxica da volta ó mundo.
Redacción Salnés






