O Extrugasa cae co Ros Casares pese a facer un bo partido

baloncesto250_240308.jpgVILAGARCÍA > Coincidindo no horario coa final da Basket Cup, o Extrugasa recibía en Fontecarmoa ó líder da Liga Feminina, o Ros Casares. As de Isaac Fernández fixeron un bo partido ata o cuarto final no que cederon ante o empuxe das xogadoras valenciáns.

Ensombrecido pola Basket Cup, o pavillón de Fontecarmoa acolleu o sábado un partidazo entre Extrugasa e o mellor equipo do país, o Ros Casares. Un encontro que a directiva do conxunto vilagarcián tentou cambiar de día e trasladalo para o domingo, para non facer coincidir ambas competicións ó mesmo tempo, pero que o final por problemas coas reservas do vóo das valenciáns non puido levarse a cabo.

No estrictamente deportivo o Extrugasa fixo un gran encontro, sobre todo durante os tres primeiros cuartos no que defendeu con extraoridnaria intensidaede a un dos mellores conxuntos de Europa. Chegaron ó descanso tan só cinco puntos por debaixo, 30-35, despois de recuperarse dun parcial adverso de 0-11 e aproveitando o gran traballo de Marina Kress na pintura.

Pero tralo paso polos vestiarios as visitantes saltaron á pista exercendo unha maior presión, e con Erika de Souza e Delisha Milton anotando con facilidade dentro da zona. As de Isaac Fernández aguantaron no entro durante o terceiro cuarto pero non puideron no último no que sucumbiron ante a defensa do Ros Casares, que imposibilitou que o Extrugasa anotara e movera con facilidade o balón. Ó final, 54-71, dezasete puntos de diferencia que se antollan excesivos tralo visto sobre o parqué.

Agora o Extrugasa é séptimo na táboa, con 10 victorias e 11 derrotas e con tan só un triunfo de marxe sobre o noveno clasificado, polo que debería buscar a victoria a vindeira fin de semana na cancha do sempre complicado Rivas Futura.

Redacción Salnés