O Arousa marabilla co seu xogo e golea ó líder Montañeros

futbol250_031108.jpgSALNÉS > A mellor nova da xornada deuna o Arousa que fixo un partidazo na Lomba e goleou ó líder Montañeros (4-2). O Céltiga, pola súa banda, non puido co Compos e cae varios postos na xeral.

O Arousa continúa coa súa escalada na clasificación despois dese mal inicio ligueiro xa esquencido. A súa última víctima foi o ata onte líder Montañeros, ó que goleou por 4-2 e superou en tódalas fases e aspectos do xogo.

Hugo fixo ó 1-0 e Rubén Rivera empatou antes do descanso. Logo, un gol pantasma de Fernando subíu ó marcador tras moitas protestas. Chiño, no 30′ da segunda facia o terceiro. Meteron o medo no corpo os visitantes, que recurtaron vantaxe no derradeiro minuto. Tiráronse á desesperada a polo gol do empate, pero ahí apareceu Padín, para nunha contra perfectamente levada facer o cuarto. O Arousa xa é oitavo, con quince puntos e apuntando moi alto.

Xusto por diante ten ó Céltiga, que cae ata a séptima praza trala derrota de onte en San Lázaro. Tras un inicio igualado, os locais atopáronse cun gol na primeira ocasión que tiveron, no minuto 20, acadado por Miguel Centrón. Os da Illa nunca puxeron en apuros á defensa branquiazul, que estivo moi ben asentada. Os santiagueses foron superiores e volveron a demostrar que son un claro candidato ó ascenso.

O Vilalonga continúa arrastrando a súa particular xeira negativa der resultados. Onte faltoulle o gol e careceu de concentración na xogada coa que o Gran Peña levouse o partido. Non foi un encontro exento de polémica, xa que no 90′  foille anulado un tanto ós celestes, acadado por Quito en suposto fóra de xogo. A acción foi moi protestada.

O Portonovo pola súa parte continúa en descenso, pese a empatar en Río Seco ante o Narón. Bo partido dos de Milucho, que adiantáronse na primeira parte cun gol de Curiel pero viron como xa na segunda metade se lle escapan dous puntos.

Destacar tamén os resultados en Preferente Autonómica coas victorias do Unión do Grove ante o Melias (0-2) e do Ribadumia (3-1) no derbi co Sanxenxo.

Redacción Salnés