Sanidade non expedientará ó concello de Ribeira polas deficiencias do mercado

    RIBEIRA > A Consellería de Sanidade ven de comunicar que non abrirá ningún informe sancionador ó concello de Ribeira polo incumprimento da normativa de sanidade da praza de abastos xa que consideran que as deficiencias atopadas trala última inspección eran de carácter leve.

    Finalmente a Consellería de Sanidade decidiu non abrir un expediente sancionador ó concello de Ribeira polo incumprimento das condicións de sanidade e hixiene na praza de abastos da localidade.

    praza_300_050706.jpgOs técnicos da consellería visitaron as instalacións unha vez o executivo local rematou as obras de mellora do recinto, nas que se invertiron uns 75.000 euros, pero trala inspección os profesionais aínda encontraron varias anomalías polo que decidiron recomendar a Sanidade a apertura dun informe sancionador.

    A pesar disto, a Delegación Provincial descartou esta posibilidade ó considerar que tódalas deficiencias atopadas, das que non se precisaron detalles, eran de carácter leve. No seu lugar, dende a Consellería esixen ó concello de Ribeira que adopte as medidas oportunas para resolver estes problemas.

    Respecto do tempo fixado para acometer estes traballos, fontes da Xunta comunicaron que non existe un prazo de execución determinado polo que o goberno ribeirés terá tempo suficiente para realizar as reformas necesarias para que as instalacións se adecúen á normativa de sanidade.

    Redacción Barbanza