O conflito da confraría de Cabo resolverase por vía xudicial

     BOIRO> Recrúase o conflito interno na confraría de Cabo de Cruz. Os mariscadores críticos recorreron á Fiscalía mentres que a presidente presentará unha denuncia por danos e prexuízos.

    {flowplayer}barbanza/xudicializacionconflitoconfrariacabo.flv{/flowplayer}

    Lonxe de calmarse os ánimos, o conflito xurdido no seo da agrupación de mariscadores de Cabo de Cruz vai a peor. Tanto que a vía xudicial parece ser a única saída para ámbalas dúas partes. Despois de que a Consellería do Mar ratificara o plan de explotación que inclúe a obrigatoriedade das gardas, o colectivo crítico remitiu un escrito á fiscalía denunciando irregularidades na xestión do pósito.

    Ademais iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas solicitando a dimisión da presidenta da agrupación de mariscadores á que acusan de ameazas e represalias. Ermitas Pérez desminte rotundamente estas acusacións que carecen de fundamento polo quen non dubidará en presentar unha denuncia por danos e prexuízos.

    Persecución persoal

    Insiste a presidente en que se trata dunha persecución persoal motivada polos intereses duns poucos produtores interesados en facerse co control da agrupación.

    A pesar do cruce de acusacións e das medidas legais a adoptar dende a directiva están tranquilos xa que están a cumprir coa lei. Así o ratifica a sentenza do Contencioso Administrativo que desestima o recurso presentado por AGAMAR establecendo a realización das vixilancias como parte da actividade dos mariscadores.

    Redacción Barbanza