Ribeira vivirá unha noite de música amenizada por grupos locais

    RIBEIRA> Co obxectivo de dinamizar a hostalería da zona e promocionar o talento dos músicos locais, así como ofrecer unha alternativa de ocio á mocidade, as concellerías de Cultura e de Xuventude de Ribeira veñen de organizar a Noite Nova que se celebrará este sábado. A partir das dez a música encherá a avenida do Malecón coa actuación da orquestra Platinum. Tomará o relevo o Grupo Versus, integrado polo músico Loren Tevra e a vocalista, Thais Rudiño, coñecida pola súa recente participación no programa de televisión ‘La Voz’. Compartirán escenario ofrecendo varios pases alternativos.