Joam Evans: ‘O anuncio da Xunta é unha mala nova para toda a comarca’

LOUSAME> As reaccións tras este anuncio da Xunta non se fixeron agardar.

A Plataforma en contra dos vertidos da mina de San Finx entende que se trata dunha mala nova para a toda a comarca, aínda que nos os colle por sorpresa, pois xa se sabía que a Xunta tiña intención de sacar unha convocatoria de novos dereitos mineiros. 

Dende a Plataforma cáusalle sorpresa que a Xunta faga bandeira desta explotación mineira altamente contaminante, que pon en serio risco o futuro da Ría, e por ende de miles de familias cuxo medio de vida depende directa ou indirectamente da calidade das augas.

O que si agardan é que en breve se resolva o contencioso presentado contra a  propia declaración de caducidade da explotación, no que se solicitaba unha medida cautelar, na que precisamente se pedía que non se puidera sacar un novo concurso ata que non se resolva o anterior.