Detidas tres persoas por unha presunta estafa nun prostíbulo clandestino en Ribeira

RIBEIRA> A Policía Nacional detivo a dúas mulleres acusadas dun presunto delito de estafa. A vítima denuncia que lle subtraeron seis mil euros en varios ingresos mediante Bizum.

Os feitos aconteceron cando o home contratou os servizos das presuntas estafadoras que exercían a prostitución nun piso de Ribeira. Unha vez alí, aproveitando un descoido, unha das mulleres colleu o teléfono da vítima e realizou varios pagos mediante a aplicación móbil dirixidos á conta dun terceiro implicado.

Tras denunciar os feitos, a policía nacional iniciou unha investigación que concluíu coa detención das dúas mulleres que recoñeceron os feitos así como do titular da conta que recibiu os cartos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí