Interior inaugura as novas dependencias de Comandancia da Garda Civil en Pontevedra

    PONTEVEDRA > O Ministro do Interior Pérez Rubalcaba presidiu a inauguración da nova Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, xunto co Delegado do Goberno e o Director Xeral da Garda Civil. A xornada convertiuse nunha representación emotiva e solemne do estricto protocolo e ceremonial castrense, na que se fixo homenaxe á patria e ós caidos.

    perezrubalcaba_300_240706.jpgO Ministro fixo a sua entrada no recinto da nova comandancia onde o esperaba un organizado corpo de policias e soldados uniformados e numerosas personalidades da vida social e politica da cidade, como os alcaldes de Pontevedra, Poio, Cambados, ou Sanxenxo. A grande ausencia foi a do presidente da Deputacion de Pontevedra que se atopa en viaxe de traballo. Tras pasar revista ás tropas, realizouse unha ofrenda floral polos caidos nas loitas ante o monolito colocado na súa honra e unha homenaxe a patria co levantamento da bandeira e a entoacion do himno nacional e o da Garda Civil.

    Tralo desfile oficial, o Ministro e o Director Xeral da Garda Civil ofreceron sendos discursos nos que se fixo especial fincapé na necesidade de dotar á Garda Civil Española dunha infraestructura moderna e tecnoloxicamente avanzada. 12 milllóns de euros custaron estas novas instalacións que inclúen un edificio no que estarán as unidades da policia xudicial, SEPRONA, intervencion de armas e explosivos, desactivación de explosivos e tráfico. O Ministro do Interior resaltou o valor simbólico dos 3 actos que ocuparon a súa primeira viaxe a Galicia. Tras corta-la cinta da entrada, destapa-la placa conmemorativa e a bendicion das novas dependencias, a xornada finalizou coa visita do ministro polas instalacions da nova comandancia.

    Redacción Salnés